A nova lei de igualdade incluirá a creación dun observatorio sobre a situación das mulleres do mar

Educación defende que Galicia é a comunidade co alumnado con "maior concienciación" en asuntos de igualdade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A Xunta avanzou que a nova lei de igualdade, que se atopa en trámite parlamentario, incluirá a creación dun observatorio sobre a situación das mulleres do mar, un campo no que "aínda queda moito que avanzar", como recoñeceu a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

A resposable da área de Igualdade respondeu así a unha interpelación parlamentaria presentada polo Grupo Socialista a través da deputada Patricia Otero, que botou en cara á Xunta a falta de incorporación de mulleres aos órganos de dirección de confrarías e outros organismos do sector do mar.

Lorenzana sinalou que datos como que só o 21% dos postos de representación elixidos nas eleccións ás confrarías celebradas no outono fosen para mulleres evidencian que se trata dun asunto no que "aínda resta camiño por percorrer" nun sector.

Neste sentido, apuntou que a lei de igualdade en tramitación na Cámara inclúe a creación dun estatuto especial para as mulleres rurais e do mar, dentro do que se contempla a posta en marcha dun observatorio sobre a presenza feminina nos postos de traballo e directivos do sector pesqueiro e marisqueiro.

Na súa resposta, a deputada socialista puxo en cuestión que o texto lexislativo remitido polo Executivo galego á Cámara inclúa a creación deste organismo, ao que a conselleira replicou que se compromete a cambiar a textualidad para que inclúa a palabra "estatuto".

EDUCACIÓN E IGUALDADE

Tamén tivo que responder a unha interpelación vinculada á igualdade o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que defendeu que Galicia é a comunidade autónoma "con máis coñecemento e concienciación" sobre conceptos de igualdade.

En resposta á interpelación da deputada socialista Noelia Otero, o titular de Educación incidiu en que este dato permite "calibrar a intesidade" do traballo que se realiza "todos os días" nos centros da comunidade para avanzar na igualdade, un ámbito que require de "un enfoque integral".

Pola súa banda, a socialista remarcou a importancia de reforzar as accións educativas nos centros, como demostra o ocorrido en Navarra hai unhas semanas, cando un agresor sexual dunha menor foi detido despois de que unha alumna presentase unha denuncia tras asistir a unha charla "que lle permitiu darse conta" de que estaba a ser unha vítima.

Barcos no Porto de Viveiro, a 3 de outubro de 2022, en Viveiro, Lugo, Galicia (España). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Barcos no Porto de Viveiro, a 3 de outubro de 2022, en Viveiro, Lugo, Galicia (España). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta