Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/03/2023 | Actualizada ás 15:38
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este xoves as raíces celtas de Galicia e o seu importante legado cultural e anunciou "accións gubernativas" e "accións culturais" no I Foro Celta que se celebrará en outono en Bretaña.
Este cume de nacións celtas tiña previsto celebrarse o 9 e 10 de marzo, pero foi posposto debido ás "dificultades de transportes", pola folga de transportes en Francia, que tiñan para asistir que tiñan as autoridades previstas de Irlanda, País de Gales, Escocia e Galicia.
Tal e como informou Galicia Confidencial, Galicia estará presente neste primeiro gran encontro dos gobernos dos países celtas que ten coma obxectivo reforzar os vínculos existentes, promover a presenza das nacións celtas na comunidade internacional e facilitar os desprazamentos dos estudantes nos diferentes territorios celtas. Nel teñe previsto participar Eamon Ryan, ministro da República de Irlanda, Màiri McAllan, ministra de Escocia, Lee Waters, ministro do País de Gales e Diego Calvo, vicepresidente da Xunta, ademais do presidente bretón.
Ao ser preguntado por GC, Rueda suliñou que, precisamente gravou este mércores 8 de marzo, un "saúdo". Nel, dixo, destacaba a importancia deste cumio para "facer sinerxias" e "facer visibles" as raíces celtas que os unen. "Presentaremos plantexamentos culturais pero tamén accións gubernamentais", indicou ao tempo que lembrou todo o camiño andando nas relacións culturais entre o mundo celta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.