A Xunta presume dos filmes subvencionados que "gañan Goyas e son nominados en Cannes"

Di ter subvencionado 165 filmes que mobilizaron 123 millóns na última década.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2023 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O Executivo galego apuntou este xoves, na súa reunión semanal que as 165 películas e series subvencionadas pola Xunta entre os anos 2012 e 2022 "confirman o efecto multiplicador do investimento público" ao mobilizar case 123 millóns de euros no sector e xerar un emprego anual estimado en 1.863 persoas.

Segundo trasladou a Xunta, a Consellería elevou ao Consello un informe sobre as medidas de fomento do audiovisual galego, ao que destinou preto de 7,4 millóns de euro a través de oito liñas de axuda.

Ademais, o Consello da Xunta aprobou as bases e a próxima convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para producións e coproducións audiovisuais correspondentes a 2023, cunha dotación de 2,5 millóns de euros. Desta forma, o Goberno galego di que a prioridade destes incentivos é tanto "atender as necesidades máis inmediatas das produtoras" como "sentar as bases para a consolidación e impulso do sector a medio e longo prazo".

Estas subvencións diríxense especificamente as produtoras independentes para catro categorías e 13 submodalidades de proxectos segundo os traballos sexan longametraxes cinematográficas de ficción, documentais ou de animación; longas en coprodución internacional con participación minoritaria española, curtametraxes ou películas e series para ser emitidas por televisión ou plataformas.

Protagonistas do filme 'Proxecto Emperador'
Protagonistas do filme 'Proxecto Emperador' | Fonte: Vaca Films.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta