A Catedral de Santiago, seguinte parada da viaxe medieval do foro 'A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga'

O director do museo, Yzquierdo Peiró, exlpicará as "claves" da consolidación do fenómeno xacobeo

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 10/03/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago será a seguinte parada da viaxe medieval iniciado polo foro de coñecemento 'A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga', que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Nesta ocasión trátase dunha visita guiada polo director técnico-conservador do Museo da Catedral, Ramón Yzquierdo Peiró, que realizará un percorrido baixo o nome 'Unha catedral para un reino', ofrecendo novas óptimas a vellos espazos.

Tal como indicou o entre provincial, tras catro "exitosas actividades" nas que se cubriron todas as prazas dispoñibles, unha nova proposta segue o camiño das anteriores, xa que se esgotaron as prazas antes de ser presentada de forma oficial.

Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, cunha tese centrada no estudo das coleccións artísticas da Catedral de Santiago e licenciado en Xeografía e Historia, Yzquierdo Peiró ofrecerá as "claves" para entender o "fundamental papel xogado polos reis e raíñas na creación e consolidación do fenómeno xacobeo da catedral compostelá".

En concreto, a visita levará a cabo o vindeiro martes, 14 de marzo, a partir das 17,30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora.

O Pórtico da Gloria durante unha visita guiada nocturna na Catedral de Santiago
O Pórtico da Gloria durante unha visita guiada nocturna na Catedral de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta