Recoñecemento e memoria en Ferrol á "represión" sindical a Amador Rey e Daniel Niebla no 51º aniversario da súa morte

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, detallou este 10 de marzo é un momento para "facer memoria, para render a aqueles que caeron asasinados en defensa da liberdade dos traballadores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Ferrol lembrou este venres, 10 de marzo, a Amador Rey e Daniel Niebla no 51º aniversario do falecemento tal día como o de hoxe do ano 1972. Traballadores da antiga Bazán, actualmente Navantia, morreron tras recibir o impacto de bala da Policía durante unha mobilización dos operarios do estaleiro.

Así, desde as 11,30 horas desenvolveuse ante o monólito que lembra estes acontecementos, no barrio de Recimil, un acto institucional organizado polo Concello de Ferrol, que incluíu unha ofrenda floral e na que participaron representantes de todos os partidos na corporación local, ademais de integrantes dos sindicatos CC OO, UGT, MAS e USTG, así como diversos cidadáns

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), detallou este 10 de marzo é un momento para "facer memoria, para render a aqueles que caeron asasinados en defensa da liberdade dos traballadores". "É necesario recoñecer a Amador e Daniel e recoñecer o compromiso de todas aquelas persoas que sufriron a represión por ter loitado pola chegada desta democracia da que agora gozamos", sostivo.

O rexedor socialista incidiu en que nesta data "Ferrol mostra o seu orgullo como cidade pioneira na loita contra a ditadura, e tamén leste é o centro da celebración do 'Día da clase obreira galega".

ACTO DA CIG

Unha hora máis tarde, sobre as 12,30 horas, os que tomaron esta zona foron delegados, afiliados e simpatizantes do sindicato CIG, que tamén convocou un acto en recordo dos dous falecidos. Previamente, celebraron unha asemblea de delegados no seu local.

Ante o monumento ao 10 de marzo, o secretario xeral de CIG, Paulo Carril, proclamou lembrou que hoxe se celebra o 'Día da clase obreira galega, cos actos centrais en Ferrol. "Para nós, a de hoxe é unha xornada de mobilización en todas as comarcas de Galicia", que se han llevaod a cabo coa lema "As pensións non se tocan", ademais de "emprego, salarios e servizos públicos".

O portavoz sindical incidiu en que esta xornada coincidiu co anuncio por parte do Goberno central dunha nova reforma das pensións. Entenden que "a pesar de todo o que se trate de maquillar, e pendente de coñecer con detalles ese acordo", estamos "claramente ante unha nova reforma que amplía os recortes que viven as pensións nos últimos anos".

A CIG tamén convocou para a tarde deste venres unha mobilización, con saída desde a avenida de Esteiro, e que percorrerá varias rúas da cidade de Ferrol.

Ferrol lembra a Amador Rei e Daniel Rei no 51º aniversario do seu falecemento o 10 de marzo de 1972
Ferrol lembra a Amador Rei e Daniel Rei no 51º aniversario do seu falecemento o 10 de marzo de 1972 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta