Persoal do almacén de Lidl en Narón concéntrase ante a Xunta para que medie "pola vulneración do dereito a folga"

Segundo trasladou a CIG, a dirección mantén unha "postura inmovilista", mentres "se nega a negociar coa representación do persoal" e actúa con "absoluta prepotencia"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O persoal do almacén de Lidl na localidade coruñesa de Narón, en folga desde o pasado 14 de febreiro para reclamar o cumprimento do convenio colectivo, concentrouse este venres fronte ao edificio administrativo da Xunta en Santiago de Compostela para demandar a mediación do Goberno galego ante a "vulneración reiterada do dereito a folga" e a "prolongación innecesaria do conflito por parte da empresa".

Segundo trasladou a CIG, a dirección mantén unha "postura inmovilista", mentres "se nega a negociar coa representación do persoal" e actúa con "absoluta prepotencia". Neste sentido, sinalou que desde o primeiro día Lidl quixo "deixar sen efecto o paro" ao suplir aos traballadores en folga introducindo "ás agachadas" persoal alleo ás instalacións e "enviando produtos ás tendas desde outros almacéns".

"Estas actuacións constitúen unha clara vulneración do dereito fundamental á folga, que xa tivemos que denunciar na Inspección de Traballo e nos xulgados", relatou Cristina Martínez de CIG-Servizos Ferrol.

Ademais, a representante da CIG apuntou que a última denuncia púxose o pasado sábado no xulgado de garda de Ferrol despois de "comprobar como a empresa enviase camións cargados de mercadorías desde os almacéns de Euskadi ou Madrid para abastecer as tendas galegas e da zona noroeste".

Persoal do almacén de Lidl en Narón (A Coruña) concéntrase ante o edificio administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela.. CIG
Persoal do almacén de Lidl en Narón (A Coruña) concéntrase ante o edificio administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta