Gonzalo Caballero avisa a Formoso que "a realidade económica" das Pontes "non é extrapolable a Galicia"

"Se considera que o maior servizo a Galicia é ser alcalde das Pontes hai que respectalo, pero Galicia é moito máis que As Pontes", dixo Gonzalo Caballero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O que foi secretario xeral do PSdeG e actual deputado autonómico, Gonzalo Caballero, avisou ao líder da formación, Valentín González Formoso, de que a "realidade política, ecolóxica e económica" das Pontes "non é extrapolable a Galicia".

En declaracións difundidas aos medios, o político vigués mostrou o seu "respecto" á decisión anunciada polo actual secretario xeral do PSdeG de volver competir pola Alcaldía deste municipio coruñés nas próximas eleccións do 28 de maio.

"Se considera que o maior servizo a Galicia é ser alcalde das Pontes hai que respectalo, pero Galicia é moito máis que As Pontes", dixo Gonzalo Caballero.

Ademais, incidiu na necesidade de que a dirección do PSdeG "acerte" no rumbo para conseguir que a formación "avance" nas próximas eleccións como avanzou nos últimos anos, co reto de "superar o "33% dos votos" que os socialistas obtiveron nas municipais de 2029 en Galicia.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta