Evacuado en helicóptero o condutor do accidente de camión que cortou a autovía A-52 en Ourense

Inicialmente pensouse que se atopaba moi grave, pero o seu estado de lesións reviste "menos" gravidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O condutor do camión que sufriu un accidente na A-52 este venres foi evacuado por un helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Inicialmente pensouse que se atopaba moi grave, pero o seu estado de lesións reviste "menos" gravidade, segundo informou a Garda Civil de Ourense.

O accidente tivo lugar ás 18,40 horas deste venres cando o camión se saíu da vía, á altura do quilómetro 221,8 da A-52, sentido Benavente e, cruzando a mediana, quedou tranversal ao carril, o que deixou cortada a circulación sentido Porriño (o contrario da dirección á que ía).

Do sinistro foi avisado o 112. Foron mobilizados os equipos de mantemento, Bombeiros de San Cibrao, Ges de Pereiro de Aguiar, Protección Civil de San Cibrao e unha patrulla do Seprona. Tamén foi avisado o xefe da empresa para a xestión dun guindastre, co fin de retirar o vehículo de grandes dimensións.

A Garda Civil informou de que se dispuxeron sinalizacións de desvío da calzada na OU-117, OU-130, OU-90 e OU-100, no quilómetro 217 a A-52 sentido Porriño por VG-3.1, cara a N-525, segundo informaron estas mesmas fontes.

O condutor do camión do accidente que obrigou a cortar a A-52, evacuado en helicóptero ao Hospital de Ourense. GARDA CIVIL DE OURENSE
O condutor do camión do accidente que obrigou a cortar a A-52, evacuado en helicóptero ao Hospital de Ourense. GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta