Galicia rexistra 39 feridos en 34 accidentes de tráficos na fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 39 persoas implicadas en 34 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas desde as 15,00 horas do venres e ata a medianoite do domingo.

En concreto, a Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 55 chamadas en relación con accidentes de tráfico, que xeraron 34 asistencias sanitarias. O venres foi a xornada con máis sinistros, un total de 17.

Por provincias, Pontevedra foi que rexistrou un maior número de accidentes, con 15, seguida da Coruña, con 13, Lugo, onde se produciron catro, e Ourense, onde tiveron lugar dous. Os recursos sanitarios mobilizados foron 38. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado acudiron a cinco accidentes, o helicóptero medicalizado foi mobilizado nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron a 29 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres accidentes.

Accidente múltiple causado por un condutor que circulaba en sentido contrario pola AP-9 en Vilaboa , e que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia
Accidente múltiple causado por un condutor que circulaba en sentido contrario pola AP-9 en Vilaboa , e que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta