Máis de 650 establecementos se beneficiaron do Bono Enerxía Peme no 2022

Os apoios contan cunha intensidade do 80% ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo e os solicitantes poderán acceder a un anticipo de ata o 50% sen necesidade da presentación de avais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2023 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia concedeu en 2022 un total de 665 apoios a pequenas empresas e autónomos para favorecer a incorporación de equipamento máis eficiente e a redución da factura eléctrica dos seus establecementos, dentro do programa Bono Enerxía Pene.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución destas axudas ás que se destinaron 2,85 millóns e que permitiron mobilizar 4,11 millóns. A convocatoria deste ano, coa que a Xunta prevé mobilizar 6 millóns de euros, continúa co prazo aberto para presentar solicitudes. Este ano destínase 4,2 millóns de euros para pemes e autónomos galegos co sector do comercio, a hostalaría e os servizos.

Como novidade, conforme sinalou a Xunta nun comunicado, apóiase o asesoramento enerxético. Estas axudas sumaranse ás dirixidas á mellora da envolvente a través de elementos de control solar como toldos de cor branca ou negro; iluminación, con renovación de equipos interiores ou exteriores por outros que utilicen tecnoloxía led; a eficiencia enerxética en instalacións eléctricas; equipamentos como a renovación de electrodomésticos ou aparellos por outros de cualificación enerxética B ou superior; climatización ou inmótica, para xestionar a enerxía e o gasto de forma máis eficiente.

Os apoios contan cunha intensidade do 80% ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo e os solicitantes poderán acceder a un anticipo de ata o 50% sen necesidade da presentación de avais. As axudas resolveranse por orde de solicitude e cubriranse actuacións que se executen entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro.

O obxectivo é beneficiar a 1.000 autónomos e pemes, con aforros de 860.000 euros ao ano na factura enerxético e a creación ou mantemento de case medio centenar de empregos directos. Con este programa preténdese axudar ás pequenas empresas e aos autónomos a afrontar o custo da súa factura eléctrica, á vez que se incentiva a cultura da eficiencia enerxética entre o tecido empresarial, dotándoo de ferramentas e recursos para que poidan aforrar no consumo enerxético e reducir custos.

Bares e restaurantes no centro histórico de Ourense.. Europa Press - Arquivo
Bares e restaurantes no centro histórico de Ourense.. Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta