A toponimia de Ribeira ao descuberto

A RAG edita un novo número da colección 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Ribeira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) editou un novo número da colección divulgativa 'Terra Nomeada', nesta ocasión dedicada á toponimia de Ribeira. Nela, segundo informa, indágase na orixe e o significado de máis de 200 nomes de lugares deste concello coruñés.

"Ribeira conta con varios topónimos únicos no nomenclátor de Galicia, entre eles O Caramecheiro", cita a institución académica como exemplo dos datos que achega nesta publicación o filólogo Fernando Cabeza Quiles.

Trátase dun dos principais divulgadores da realidade toponímica de Galicia. Esta é a terceira contribución do autor á colección, tras a da Estrada e Carballo. A RAG edita 'Terra Nomeada' en colaboración coa Asociación de Onomástica Galega e co apoio económico da Deputación da Coruña. Esta colección de estudos de toponimia pódese consultar en liña na sección de publicacións de academia.gal.

Novo número da colección 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Ribeira, do filólogo Fernando Cabeza Quiles. RAG
Novo número da colección 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Ribeira, do filólogo Fernando Cabeza Quiles. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta