Rueda sobre o acordo das pensións: "Non conseguirá o que quere preservar"

"Medidas tan relevantes, se non parten dun acordo xeral, non poden ser boas medidas", resolveu.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que o acordo da reforma de pensións que subscribiron o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, e os secretarios xerais de CC.OO. e UGT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, nace "incompleto", en alusión a que carece do aval dos empresarios.

"É o que din todos os analistas. E en conto aos obxectivos, non vai conseguir o que di que quere preservar. Hipoteca as prestacións futuras a base de máis impostos", esgrimiu o presidente galego, na rolda de prensa posterior ao Consello.

Respecto diso, incidiu en que non considera que sexa "un bo acordo", aínda que teña "a aquiescencia dunha parte", en relación ás organizacións sindicais. "Medidas tan relevantes, se non parten dun acordo xeral, non poden ser boas medidas", resolveu.

Rueda comparece tras a reunión semanal do Consello da Xunta.. XUNTA
Rueda comparece tras a reunión semanal do Consello da Xunta.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta