Tanxugueiras arrasa no Palau da Música, cun público totalmente entregado

Conseguiron encher a sala de concertos e que o público quedara rendido co seu espectáculo

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Unha vez máis, Tanxugueiras volve para conseguir un soño. Olaia, Aida e Sabela, para as que dende hai tempo, e como din a letra da canción de Muerdo na que tan ben colaboran, "cando chegamos aquí, sabemos que xa nada é imposible", volveron ver como poden seguir alcanzando novos fitos. O grupo galego aterrou en Barcelona co seu 'Xira Midas' 2023, no que presentan o seu novo disco Diluvio, e logrou encher o Palau da Música, co público rendido ao seu novo espectáculo.

Tanxugueiras presenta o seu novo directo no último día da festividade de Arde Lucus 2022, a 12 de xuño de 2022, en Lugo, Galicia (España).  Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Tanxugueiras presenta o seu novo directo no último día da festividade de Arde Lucus 2022, a 12 de xuño de 2022, en Lugo, Galicia (España). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Pontevedra, Fuenlabrada, Arzúa ou Santander xa lles dixeron que a xente está ansiosa por escoitar, cantar e bailar as súas novas cancións e tamén os éxitos de sempre, que non poden faltar en cada un dos seus concertos. A súa enerxía e empoderamento e o seu novo espectáculo cheo de emoción, fan que o público se converta, dende o principio, en membro de Tanxugueiras.

Pero o Palau da Música son palabras maiores. A única sala de concertos declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e punto de encontro ineludible da vida cultural e social de Cataluña. Porén, nada as impón. O trío galego, cunha posta en escena incrible, un espectáculo de luces e son, o seu impecable vestiario e as súas prodixiosas voces, chegou e triunfou, dende o momento en que subiron ao escenario. O Palau estaba cheo, o público entregado desde o minuto 1, e un concerto incrible que conseguiu tocar a sensibilidade dos presentes e tamén a de Sabela, Aida e Olaia, cunha ovación final de varios minutos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta