Unha nova morte eleva a 4.087 os falecementos pola covid en Galicia que contabiliza 1.270 casos activos

A vítima tiña 83 anos e padecía patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/03/2023 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Un novo falecemento, o dun home de 83 anos, con patoloxías previas, na área sanitaria de Ferrol, eleva a cifra de persoas que morreron con covid en Galicia desde o inicio da pandemia a 4.087. Así se recolle nos datos actualizados, ás 18,00 horas do mércores, día 15, pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

De acordo coa mesma, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.270 (61 máis), dos que 251 son da área da Coruña; 127 da de Lugo; 191 da de Ourense; 136 da de Pontevedra; 219 da de Vigo; 240 da de Santiago e 106 da de Ferrol.

Por outra banda, nas últimas horas detectáronse en Galicia 87 novos casos, dos que 22 corresponden á área sanitaria da Coruña; outro sete á de Ferrol; doce á de Lugo; sete á de Ourense; dez á de Pontevedra e 17 na de Santiago. A eles, súmanse 12 na de Vigo.

Do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 195 en unidades de hospitalización, en total 201, o que supón nove menos respecto da xornada anterior, aos que se suman 1.069 en domicilio.

Por áreas sanitarias, hai 47 en planta e un en UCI na da Coruña; 20 e un, respectivamente, na de Ferrol; 12 en planta na de Lugo e ningún paciente en UCI; 25 en planta e un en unidade de coidados intensivos na de Ourense; 29 e un, respectivamente na de Pontevedra, mentres que na de Santiago son 39 en planta e un en UCI. En Vigo, son, á súa vez, 23 e un, en cada caso.

Un grupo de persoas reúnese nun local de hostalaría da Coruña tras entrar en vigor as novas medidas. M. DYLAN - EUROPA PRESS
Un grupo de persoas reúnese nun local de hostalaría da Coruña tras entrar en vigor as novas medidas. M. DYLAN - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta