O Concello proporciona 1,8 millóns de euros para o tramo final do proxecto 'Smartiago'

A decisión aprobouse cos votos favorables do goberno municipal e a abstención dos demais grupos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2023 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago deu luz verde á aprobación este xoves, en pleno extraordinario, dun expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 1.867.512 euros para o pago de facturas correspondentes ao tramo final do proxecto Smartiago.

Segundo trasladou o Concello nun comunicado, esta decisión contou cos votos favorables do goberno municipal e coa abstención do resto dos grupos.

O concelleiro responsable do Smartiago, Sindo Guinarte, sinalou que se executaron "máis do 80% dos fondos previstos" e que, dentro do orzamento global, que ascende a cinco millóns, destináronse 3.768.000 a proxectos de innovación.

Deste xeito, Guinarte fixo fincapé en que o "éxito" froito da "colaboración institucional entre as administracións implicadas", en referencia ao Goberno central, a Xunta e o propio Concello.

Evento do proxecto Smartiago
Evento do proxecto Smartiago | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta