Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 17/03/2023 | Actualizada ás 13:43
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 2 de marzo no concello coruñés de Boiro. O lume afectou 1.400 metros cadrados de superficie arboredo.
A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado por unha queima realizada sen as debidas medidas de seguridade por parte da persoa responsable, aínda que esta contaba coa comunicación pertinente para poder realizala.
A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira. Segundo informou a Xunta, trátase da sexta persoa investigada pola Policía Autonómica na actual campaña como presunta autora de incendios forestais na comunidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.