Un xulgado anula a xornada laboral do Concello de Ourense por non aprobarse en pleno

Foi tras un recurso de CCOO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense estimou un recurso interposto por Comisións Obreiras (CCOO) e anulou a xornada laboral do Concello da cidade, por aprobarse en xunta de goberno local e non en pleno.

O sindicato celebra esta decisión a través dun comunicado e carga contra a "imposición" do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que modificou a xornada por este procedemento que o xuíz non ve adecuado.

O acordo, do ano 2021, fora apoiado por outras organizacións --CSIF, UXT, SPPME e SAP-- e CCOO lamentaba que o rexedor non entrase a negociar a súa proposta, que pasaba por reclamar 35 horas semanais, flexibilidade horaria e recuperación de xornada non realizada, entre outros astuntos.

Ademais, CCOO afea a CSIF que, durante o proceso xudicial, se puxese "de parte" da administración "no canto dos traballadores" ao defender que a xornada fora convenientemente debatida. En calquera caso, tras a anulación xudicial, Comisións Obreiras ábrese a "negociar" unha nova proposta "xusta, flexible, sempre respectando a normativa" da lei de función pública.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, intervén durante un pleno
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, intervén durante un pleno | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta