En Galicia aínda hai máis de 1.000 casos activos de Covid e sete pacientes na UCI

Nas últimas horas abríronse 33 novos casos por covid

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 1.063 casos activos por covid, con sete pacientes en unidades de coidados intensivos (UCI), segundo o último parte facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 horas do domingo.

Do total de casos, --que supoñen un descenso respecto ao dato facilitado o venres, cun total de 1.301-- 229 corresponden á área da Coruña; 105 á de Lugo; 150 á de Ourense; 110 á de Pontevedra; 182 á de Vigo; 191 á de Santiago e 96 á de Ferrol. Dos pacientes positivos, sete están en UCI e 188 en unidades de hospitalización, con outros 868 pacientes en domicilio, segundo o último parte.

Por áreas sanitarias, na da Coruña, hai 53 persoas ingresadas en planta e unha en UCI; na de Ferrol, son 18 en unidade convencional e unha en UCI; en Lugo, 11 e ningunha, respectivamente; 24 e ningunha, no caso de Ourense; en Pontevedra, 24 hospitalizados e ningún en UCI; en Santiago, 33 en planta e catro en UCI mentres que en Vigo son 25 e unha, respectivamente.

Por outra banda, nas últimas horas abríronse 33 novos casos por covid, dos que catro son da Coruña; dous da de Ferrol; en Lugo, catro; en Ourense, sete; tres en Pontevedra; cinco en Santiago e oito en Vigo.

En canto ao número de pacientes falecidos con covid desde o inicio da pandemia sitúase en 4.091. Mentres as persoas curadas elévanse a 691.426 e as doses de vacina administradas a 7.636.762.

Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés / ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA / Europa Press
Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés / ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta