Incautan case 500 botellas de Licor café e augardente de herbas

Golpe policial ao comercio fraudulento de botellas de licor. Foron inspeccionadas 5 empresas en Moaña, Porriño, Dozón e Lalín.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 21/03/2023 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Garda Civil informou este martes da inspección a cinco empresas que comercializaban botellas de licor sen a pertinente activación do precinto fiscal e outras que carecían do mesmo. A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Marín observou que nun local de Moaña vendíanse botellas de licor coa etiqueta sanitaria, pero sen precintos fiscais.

Tras a súa aprehensión e denuncia por infracción á Lei de Impostos Especiais, inician unha investigación para coñecer a procedencia destes licores.

Co apoio da Patrulla de Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vigo inspecciónase o local da empresa distribuidora de licores, situada no Porriño, onde se localizaron 200 botellas de alcol que, aínda que tiñan precinto fiscal, non acreditaba o pago do imposto devengado, polo que se procedeu á intervención das mesmas.

Posteriormente realizouse unha inspección á empresa fabricante de licores, situada en Dozón, na que se interviñeron 240 botellas de diferentes alcois, que, a pesar de ter o precinto fiscal, non estaba acreditado o pago do imposto devengado. Ademais realizáronse inspeccións a dous comercios máis situados en Dozón e Lalín.

BOTELLAS INTERVIDAS

Finalmente, foron inspeccionadas cinco empresas, sendo precintadas 457 botellas de licor e 31 garrafas de 3 litros de capacidade cada unha, cuxas precintas non foran dadas de alta, e por tanto, non estaba acreditado o pago do imposto devengado.

A mercadoría quedou depositada e precintada nas distintas empresas e a disposición da autoridade administrativa competente.

A Garda Civil incauta numerosas botellas de licor sen os precintos correctos
A Garda Civil incauta numerosas botellas de licor sen os precintos correctos | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta