Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2023 | Actualizada ás 17:16
Un gran buraco acaba de aparecer na AC-543 Santiago-Noia, despois da rotonda de Augas Santas na saída de Rois do Corredor Brión-Noia. Así o anunciaron varios condutores que tiveron que parar para sinalizar a gran fochanca de máis de dous metros de diámetro.
Os automobilistas informaron a Emerxencias desta situación e alertaron de que a enorme fochanca podería ir a máis dado o delicado estado do firme nesta parte da estrada.
Dadas as dimensións do buraco, e a posibilidade de que se agrande, as forzas da orde interromperon completamente a circulación de vehículos na estrada e habilitaron o desvío á CG-1.5 --corredor de Brión-- nas saídas 15 e 19, mentres duren os labores para restablecer as condicións de seguridade, que poderían durar varios días.
A AC-543 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Santiago de Compostela e Barro (Noia), logo de 31 quilómetros.
Podes ver o vídeo na nosa conta de Instagram:
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O prezo da luz estivo a cero euros a metade de horas de abril
- "Retoques" no goberno da Deputación de Pontevedra tras a saída de José López como conselleiro de Cultura
- Critican duramente ao PP por confundir "Lenin con Stalin": "Supón un gran descoñecemento da historia"
- Novo apuñalamento con catro detidos nunha zona de copas da Coruña
- Galicia é quinta comunidade con maior número de casos de meninxites diagnosticados no que vai de ano
- Un home de 80 anos morre afogado na praia de Caldebarcos, en Carnota