A Audiencia de Pontevedra absolve a un acusado de abusar sexualmente dunha menor

Segundo a sentenza, mantiveron relacións sexuais "libre e voluntariamente aceptadas pola menor"

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 21/03/2023 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu a un acusado dun delito continuado de abuso sexual sobre unha menor de 16 anos. Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), as maxistradas consideran probado que o investigado mantivo unha relación sentimental sen convivencia coa menor, a cal se prolongou, aproximadamente, desde xuño de 2020 ata marzo de 2021.

Durante a mesma, segundo o relato de feitos probados da sentenza, mantiveron relacións sexuais "libre e voluntariamente aceptadas pola menor", quen quedou embarazada e abortou. As maxistradas indican que tanto o acusado como a menor "presentan un grao de madurez similar para determinarse no ámbito sexual".

A sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o alto tribunal galego.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta