Método para obter mellores vistas, sen facer máis alturas

Cando pasei por diante tiven que parar, os meus ollos non podían dar crédito ao que estaba vendo: Elevaron toda a leira, aproximadamente sete metros, e enriba construíron o chalé.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 31/01/2015

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Non sei se por obter mellores vistas ou porque en realidade o que hai debaixo non é terra, senón un zulo para agochar algo. O que sí sei é que non está permitido, é ilegal, porque estase a vulnerar o espirito das leis. Non se pode alterar o terreo de tal xeito que permita construir unha vivenda sete metros máis arriba.

Non sei, tampouco, se o Concello de Camariñas está ao tanto desta aberración, feita no lugar de Ponte do Porto, se lle concederon licenza, licenza de primeira ocupación, pero sí sei que hai que pasar por diante para chegar a Camariñas.

Sempre dá a impresión de que cando falamos de feísmo, algunhas masas críticas vanse enriba dos que o din, porque parece ser que o feísmo so é producido polo pobo humilde, sen recursos. Non é o caso, precisamente, porque xa non é o que custou ese chalé de pedra, senón o que custou elevar toda a leira.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Todos os artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook