Nace un club de investidores galegos en tecnoloxía

Altia, Baía Software, Clictic, Imatia, Intelsis, JDLV Investidores, Plexus e R son as oito firmas que fundaron o Club de Investidores do Cluster TIC de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/02/2015 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A iniciativa nace, segundo os promotores, da constatación do papel que debe xogar o capital privado no financiamento de iniciativas empresariais no sector de tecnoloxías da información e a comunicación e polo seu compromiso co desenvolvemento empresarial de Galicia.

Informe provincias Arturo Dopico, responsábel da operadora R
Informe provincias Arturo Dopico, responsábel da operadora R | Fonte: xatakamovil

Os membros do club din que se comprometen a realizar cada un un investimento de 50.000 euros anuais en startups galegas baseadas nas TIC e dar aos emprendedores asesoramento.

Pero ademais están abertos á colaboración con entidades públicas e privadas e co obxectivo de que as pemes poidan entrar no club ofrécese a posibilidade de que se xunten varias para reunir o investimento necesario.

A súa primeira actividade foi participar en Capital Network 2014, no que nove emprendedores expuxeron os seus proxectos en busca de financiamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 1JcTs5cwYCn

Con un consumo como el medo hacen falta 2 mndous. Empleo bastante el transporte pfablico, pero seguramente sereda mejor que fuese andando ya que vivo en una ciudad pequef1a.Por otra parte, dado que el mayo gasto es en comida creo que debereda comprar paquetes de muchas unidades ya que eso reduce el embalaje.Pero sobre todo debo reducir el consumo y mirar si tengo algo que me valga antes de comprar algo nuevo.

1 Manu2

A maioría das empresas das que se fala neste artigo, son empresas creadas para viviren directamente da administración galega. Club de investidores privados? si, privados con diñeiro público.

1 Maná_Maná

Demo!, como a Voz, o Faro, o Villar Mir, a Planeta, Libertad Digital, Ferrán, o Real Madrid, Adif, Telefónica, o Csic, a Menéndez Pelayo, Iberdrola, Endesa, Galicia Bilingüe, os blogs anti-nacionalistas que pululan por acolá, Abengoa, a RAE, TVE, Isolux, Alsa, o Santander, Armón, os trolls PPsoeiros, a Igrexa, os centos de edís do PPsoe que nin pasan polo seu concello porque viven fora, Tragsa, o Cervantes, o Paquito, o Pepiño... Axudaaa, que me canso!