Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2023 | Actualizada ás 10:32
O gasto medio previsto polos galegos en Semana Santa alcanzará os 513 euros, o que supón un 46% máis que no mesmo período de 2022, segundo unha análise de intención de gasto nesa época realizado polo Observatorio Cetelem e dado a coñecer este venres. Trátase dunha porcentaxe un 20% maior que o da media española, que se sitúa en 429 euros.
O estudo, realizado a partir de mil enquisas en liña entre maiores de idade, reflicte que un 20,6% dos galegos ten pensado gastar máis na Semana Santa deste ano. Esta porcentaxe representa un descenso respecto ao ano anterior, cando a porcentaxe de galegos enquisados que manifestaban a súa intención de gastar máis era de 26,3%.
Ao mesmo tempo, reflicte un descenso na porcentaxe de consumidores que afirma que gastará o mesmo que no mesmo período do ano anterior (48,5% fronte ao 49,5% de 2022), e aumenta o daqueles que afirman que realizarán un menor consumo (30,9% fronte ao 25,3% do ano pasado).
De entre os galegos que manifestan ter unha menor intención de gasto para esta semana Santa, o 90% atribúeo a que será así como consecuencia da inflación. Descansar e quedar con amigos (46%), viaxar (38%) e saír de restaurantes (32%) sitúanse entre as actividades que máis sinalan os galegos que realizarán a próxima Semana Santa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.