Emilia Somoza, actual concelleira de Verín, reforzará a candidatura do BNG de Viana do Bolo

Será a número dous na candidatura dos nacionalistas que encabezará Secundino Fernández. Comprométese así coa súa terra de orixe e "co obxectivo de recuperar a alcaldía".

Por Galicia Confidencial | Viana do Bolo | 25/03/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Emilia Somoza Basalo saíu elixida concelleira polo BNG no Concello de Verín no 2015 e no 2019 levando a Concellería de cultura, educación e festexos dende o 2015 dentro do goberno de coalición entre o BNG e PSOE. "Neste tempo realizou un gran labor na súa área, o que significou un cambio fundamental con respecto aos gobernos anteriores do PP", comenta Secundino Fernández, candidato á Alcaldía en Viana do Bolo nas vindeiras municipais de maio. 

Emilia Somoza con Secundino Fdez. Foto: BNG Viana do Bolo.,
Emilia Somoza con Secundino Fdez. Foto: BNG Viana do Bolo.,

Emilia naceu fai 64 anos en Viana do Bolo, mantendo sempre unha grande relación persoal e familiar coa terra que a viu nacer. Funcionaria da axencia tributaria con derradeiro destino en Verín onde se xubilou no 2018. A súa idea era volver a Viana unha vez acabada a lexislatura en Verín a vivir unha vida de xubilada, pero como di Emilia: “os ánimos da xente da pé e as compañeiras e compañeiros do BNG de Viana, que depositaron a confianza en min, animáronme a aceptar con agrado a proposta de ir de 2ª na candidatura”.

"Emilia aporta a experiencia de oito anos de goberno con honradez nun concello como Verín, ten ganas de traballar e o que é mais importante, un inmenso amor pola súa Viana natal e polas súas veciñas e veciños", refire Secundino Fernández. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta