Rego pide incluír o sector mar-industria no Perte Agroalimentar

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para reclamar ao Ministerio de Industria, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que "realice as xestións e actuacións necesarias" para incluír ao sector mar-industria no Perte agroalimentar.

Segundo trasladou o BNG nun comunicado, en xullo de 2022 o sector mar-industria galego "reclamou a súa inclusión no Perte" e o propio Ministerio de Agricultura "declarou que estaba a traballar nunha solución", así como "manifestou o seu compromiso para realizar unha convocatoria específica para esta industria".

Rego subliñou que "máis de medio ano despois séguese sen coñecer as actuacións que está a levar a cabo o Goberno do Estado" e apuntou que co cambio este luns na carteira de industria "témese perder unha oportunidade verdadeiramente importante para o sector".

O deputado do BNG Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta