Renfe aumenta as frecuencias entre Santiago e Vilagarcía

Ás 100.000 prazas ofertadas semanalmente nos trens do Eixo Atlántico e Avant, engádense agora outras 6.440

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/03/2023 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

Este martes, día 28 de marzo, inician a súa actividade o sete servizos cos que Renfe ampla a oferta de conexión do Eixo Atlántico entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa. Nun comunicado, a entidade pública explica que, ata día de hoxe, son 18 as frecuencias que unen a capital galega e Vilagarcíade Arousa de luns a venres e 15 os fins de semana.

Con todo, coa posta en marcha destes servizos, serán tres máis as opcións para viaxar de Santiago a Vilagarcía os días laborables, e catro os fins de semana. Pola súa banda, en sentido contrario auméntanse dúas frecuencias máis de luns a venres e tres os sábados e domingos.

As novas saídas diarias desde a estación de Santiago a Vilagarcía serán ás 11,00 horas, con chegada a Vilagarcía ás 11,37 horas; ás 18,00 horas, con chegada a Vilagarcía ás 18,36 horas; ás 22,00 horas, con chegada a Vilagarcía ás 22,41 horas --este tren ademais continúa a Vigo Guixar, onde chega ás 23,32 horas-- e ás 15,00 horas, con chegada a Vilagarcía ás 15,46 horas --pasa de circular de luns a venres a ter unha frecuencia diaria e continúa a Vigo Guixar, con chegada ás 16,44 horas--.

Mentres, as novas saídas desde Vilagarcía a Santiago serán ás 12,00 horas, con chegada a Santiago ás 12,38 horas; ás 20,35 horas, con chegada a Santiago ás 21,15 horas; e ás 7,46 horas --é o tren con saída de Vigo ás 6,57 horas--, con chegada a Santiago ás 8,27 horas --pasa de circular os días laborables a ter unha frecuencia diaria.

A posta en marcha destas circulacións supón un incremento de máis dun 6% á oferta de prazas semanais que Renfe ofrece nos trens galegos de servizo público. Ata agora os trens do eixo atlántico (que conectan Vigo coa Coruña, con paso por Pontevedra, Vilagarcía e Santiago, entre outras), e os Avant Ourense-Santiago-A Coruña, sumaban cada semana 100.000, ás que se suman 6.440 a partir do día 28 de marzo.

Renfe incorpora dous trens AVE máis entre Madrid e Sevilla a partir do 23 de xaneiro.. RENFE - Arquivo
Renfe incorpora dous trens AVE máis entre Madrid e Sevilla a partir do 23 de xaneiro.. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta