Ecoloxistas en Acción celebra o fin da mina de Varilongo pero "desconfía" de que a Xunta obrige á restauración

Solicitan ao Goberno galego que obrigue á empresa australiana a constituír un aval de como mínimo cinco millóns de euros para garantir a restauración, peche e clausura da mina en condicións de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2023 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción celebrou a noticia de que a Xunta declarase finalmente a caducidade das concesións mineiras que afectan tanto á mina de volframio de Varilongo como ao proxecto de mina ao descuberto de Corcel Minerals en Castriz.

Nun comunicado vinculan a decisión coa denuncia penal presentada pola organización nos Xulgados de Santiago contra varios altos cargos da Consellería Economía, Empresa e Innovación "precisamente por non proceder a declarar a caducidade das concesións".

A pesar da declaración de caducidade, a asociación "desconfía" de que a Xunta "deixe escapar á empresa responsable sen facerse cargo da restauración. "O Plan de restauración aprobado en 2011, cun irrisorio orzamento de 53.000 euros e que nunca foi sometido a participación pública, é totalmente insuficiente para facerse cargo do peche e clausura da mina, cun custo real de restauración de varios millóns".

Ante isto, solicitan á Xunta que obrigue á empresa australiana a constituír un aval de como mínimo cinco millóns de euros para garantir a restauración, peche e clausura da mina en condicións de seguridade. Advirten ademais de que, en caso contrario, demandarán que os altos cargos responsables respondan "co seu propio patrimonio persoal".

Avisan de que tampouco "dubidarán" en recorrer a propia decisión de caducidade "no caso de que non estableza claramente as obrigacións de restauración e as garantías suficientes para levalas a cabo".

Mina de Varilongo, en Santa Comba
Mina de Varilongo, en Santa Comba | Fonte: OGolpe en es.wikiloc.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta