Por Europa Press / Redacción | Ourense | 29/03/2023 | Actualizada ás 15:58
Un home de 80 anos foi evacuado de emerxencia en estado moi grave despois de ser atropelado por un camión na contorna da glorieta da rúa Seixalbo. Segundo trasladou a Policía Local de Ourense, o accidente produciuse ás 12,47 horas deste mércores na saída da rotonda cara á rúa Laureano Prieto.
O camión saía dun escampado desta última rúa cando atropelou ao peón, de 80 anos de idade. A vítima foi trasladada en ambulancia en estado moi grave.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.