Efectivos galegos participan nun exercicio en Portugal para coordinar a acción transfronteiriza en incendios

O obxectivo do simulacro é exercitar a resposta do Sistema de Operacións de Protección e Socorro

Por E.P. | Galicia | 29/03/2023 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia participou este mércores nun exercicio de optimización de intervencións en incendios forestais de carácter transfronteirizo, organizado polo Centro de Coordinación Distrital de Bragança no lugar de Moimenta, no municipio de Vinhais.

Dita acción está enmarcada no mes da Protección Civil que celebra Portugal e o obxectivo do simulacro é exercitar a resposta do Sistema de Operacións de Protección e Socorro (SIOPS) do país veciño. Ademais de Galicia, tamén participou cos seus medios Castela e León.

Esta participación permite mellorar a cooperación en materia de loita contra os incendios forestais que se declaran en puntos críticos, como as fronteiras interestatais. O simulacro deste mércores centrouse nun incendio con dúas frontes, orixinado na rexión portuguesa de Terras de Trás-os-Motnes, un deles cara a Moimenta da Beira e outro en dirección a España.

Efectivos da Xunta participando nun simulacro de incendio transfronteirizo en Vinhais
Efectivos da Xunta participando nun simulacro de incendio transfronteirizo en Vinhais | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta