Un incendio nunha vivenda unifamiliar de Santiago acaba en danos materiais

Os xestores de emerxencias puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2023 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Un incendio declarado este xoves nunha vivenda unifamiliar de Santiago de Compostela deixou danos materiais no imbueble --dous sofás--, quedando o resto da vivenda afectada polo fume.

Segundo informa o 112, o servizo tivo constancia do suceso ao fío das 08,45 horas tras recibir a chamada de alerta dun veciño. No seu relato, indicaba que vía saír fume negro pola xanela dunha casa localizada na Rúa da Ponte Vella, na parroquia de Laraño, en Santiago.

Os xestores de emerxencias puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da cidade.

Unha vez no lugar, o equipo de extinción puido acceder ao interior da vivenda e atallar as chamas concentradas na zona do salón. Ademais, sinalaron que había un menor na parte exterior da vivenda, que resultou ileso.

Parque de Bombeiros
Parque de Bombeiros | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta