Os incendios de Baleira, Alfoz e Viveiro suman 1.570 hectáreas queimadas

Segundo a Xunta todos eles permanecen estabilizados a esta hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2023 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

O tres incendios que afectan á provincia de Lugo este xoves, situados nos municipios de Baleira, Alfoz e Viveira e que suman 1.570 hectáreas calcinadas, continúan estabilizados.

Así o trasladou a Xunta nun comunicado no que tamén apunta que o incendio declarado o mércores na parroquia de Xián, en Taboada, quedou extinguido ás 13,20 horas deste xoves. A superficie afectada son 6 hectáreas de monte arboledo e 2 de raso.

Pola súa banda, o de Baleira, primeiro gran incendio forestal do ano con 1.400 hectáreas queimadas polo momento, está estabilizado desde minutos despois das 11,00 horas deste mércores.

Segundo a Xunta, este lume iniciado na tarde do martes na parroquia de Cubilledo supostamente por unha queima descontrolada está nestes momentos "sen chama" pero mantense coa condición de estabilizado por prevención ante a posibilidade de que o vento o reavive.

Ata o momento traballou na zona, onde foi necesario desaloxar a veciños de varias aldeas que xa puideron regresar ás súas casas, un dispositivo no que participaron cinco técnicos, 47 axentes, 67 brigadas, 37 motobombas, tres pas e medios árevos.

Tamén está estabilizado desde a mañá deste xoves o lume de Alfoz, onde arderon 90 hectáreas na parroquia de Lagoa. Nas tarefas de control traballan un técnico, doce axentes, once brigadas, cinco motobombas, unha pa e medios aéreos.

Por último, o incendio de Viveiro, declarado en Vieiro, atópase estabilizado desde a noite do mércores. Alí participaron no dispositivo dous técnicos, 13 brigadas, seis motobombas e unha pa.

Un efectivo da Xunta con base en Becerreá traballan para extinguir as chamas nun incendio forestal en Baleira.. Carlos Castro - Europa Press
Un efectivo da Xunta con base en Becerreá traballan para extinguir as chamas nun incendio forestal en Baleira.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta