Mario Ziegler: "Quen non garda un segredo fóra do traballo non pode ser un bo detective"

Mario Ziegler é o presidente do Colexio Profesional de Detectives Privados de Galicia. Estamos diante dunha profesión que, a pesar dos mitos e lendas, ten moi ben delimitado o seu espazo de traballo. Non son persoas calquera con coñecementos de vixilancia e artes marciais, son profesionais cun título universitario que os acredita como profesionais privados de investigación. Aquí van uns primeiros datos sobre este traballo.

Por Moncho Mariño | Santiago | 04/04/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

-Que é un detective privado?

Reproducción dun hipotético seguemento dun detective
Reproducción dun hipotético seguemento dun detective

-Cales serían as investigacións que non podería asumir un detective privado?
O límite estaría na lexitimidade da investigación solicitada por unha persoa, esa lexitimidade estaría baseada na relación coa persoa investigada. Pode ir desde o cónxuxe a unha persoa empregada nunha empresa, esas son parte das circunstancias que apoian o interese lexítimo. Pola outra parte están os delitos perseguidos de oficio, a maioría deses delitos están dentro desa categoría, aínda así, hai un amplo número de delitos que pode abordar un detective.

-Por exemplo?
Delitos de inxurias, descubrimento e revelación de secretos que necesitan a denuncia do afectado ou da vítima, calquera outra acción delictiva que poida ser investigada non só investigable de oficio. Habería que ir caso por caso, mais a maioría dos delitos públicos non son investigables por detectives privados.

Dentro do ámbito da investigación privada é moi amplo o que pode facer un detective, desde investigación de fraudes a seguros laborais ou investigación persoal 

-Onde debe formarse un detective e quen o forma?
Segundo a Lei de Seguridade Privada deben realizar un mínimo de 3 cursos en universidades onde estea establecido o programa de estudos que acepta tanto o Ministerio de Educación como o Ministerio de Interior para extender a correspondente licenza. Primeiramente hai que ter un título universitario, son títulos propios de diferentes universidades onde se imparten cadeiras, moitas relacionadas co Dereito.

-Cales son as universidades onde se imparte a formación para detective?
En Galicia non me consta que exista unha universidade que imparta estas materias. Antes tiñamos os cursos da Universidade de Vigo. Hoxe en día, a universidade máis próxima pode ser a de Salamanca, tamén hai outras en Madrid, Barcelona e Granada. Hai varias máis por todo o territorio nacional.

-Facedes tamén cursos de defensa persoal?
Si, desde o Colexio Profesional de Detectives Privados de Galicia realizamos cursos de formación continua dentro da que tamén se programan este tipo de cursos, independentemente da formación previa que poda ter cada profesional neste campo.

-Que tipo de material usa un detective e cando sabe que pode usalo?
Pode usarse un amplo abano de recursos sempre sometidos ao criterio da legalidade e a proporcionalidade. Hai límites claros como non poder investigar dentro dos domicilios particulares nin en zonas reservadas. Por tanto, aí non se poden usar determinados medios. Tamén se debe atender a unha serie de criterios, como proporcionalidade, necesidade e idoneidade.

Hai que ter un título universitario, son títulos propios de diferentes universidades onde se imparten cadeiras, moitas relacionadas co Dereito.

-Un detective privado non pode investigar a vida privada dentro do ámbito do fogar familiar.
Non pode, temos que ser serios e respectar eses límites. Aí está a diferenza entre un detective formado e quen vai por libre.

-Deben realizar avaliacións temporais para poder seguir realizando a súa profesión?
Hai unhas inspeccións que poden variar na periodicidade, poden ser anuais ou de períodos máis curtos, mais si que pasamos revisións por parte das unidades de seguridade privada.

-Durante unha entrevista de traballo como descartarías inmediatamente unha  persoa para un  posto de detective?
É difícil de responder porque cada quen ten as súas capacidades e habilidades. Moitas veces as habilidades e ao currículo que teña a persoa son aplicables á investigación. Hai moitos perfiles de detective, por exemplo, unha persoa con habilidade na busca de información en Internet ou investigación en fontes avertas, pois resulta ser unha persoa interesante. Unha persoa con capacidade de observación e deductiva é moi interesante. Así pois, non é doado descartar unha persoa de maneira inicial. En definitiva, o conxunto das capacidades que ten un ou unha candidata, é o que lle outorga a condición de bo detective e claro está, demostrar todo isto sobre o terreo.

-Tedes permitido o uso de armas?
A actividade de detective non leva parella unha licenza de armas. Hai detectives que teñen permiso de arma curta, mais iso debe pedilo de maneira moi xustificada diante da Garda Civil.

-Contratar os servizos dun detective privado é caro?
Nós cobramos en función do tempo que dedicamos a cada caso e a súa complexidade. É certo as cuestións polas que se nos contrata é moi variada, mais podo asegurar que hai persoas de todas clases sociais e ademais, hai casos en que non se cobra honorarios se se xustifica plenamente por motivos sociais a investigación.

-A quen non lle recomendarías introducirse nesta profesión?
A unha persoa que non saiba gardar secretos, iso é fundamental. Alguén que non garda o secreto do caso fóra do equipo de traballo, non pode ser detective. Aínda que as capacidades de cada quen poden ser complementarias, o feito de faltar ao deber de reserva e de confidencialidade é imperdonable. Nos contratos existen as cláusulas de confidencialidade e hai unha obriga legal desde a Lei de Seguridade Privada, logo as obrigas propias dos colexiados e a obriga persoal como profesional.

o conxunto das capacidades que ten un ou unha candidata, é o que lle outorga a condición de bo detective e claro está, demostrar todo isto sobre o terreo

-Quen contrata máis os vosos servizos, empresarios ou clase media, homes ou mulleres?
Realmente é algo moi variado, establecer unha estadística agora mesmo sería imposible. Non podería asegurar cifras agora mesmo. Tamén depende da tipoloxía do despacho porque os hai que traballan moito con aseguradoras, con mutuas de traballadores e outros traballan máis con particulares ou con empresas, cada un é diferente.

-Hai algún tipo de delicto que se estea abordando máis intensamente durante os últimos anos?
As fraudes son unha das bases dos despachos en canto a número, sobre todo de accidentes de tráfico ou laborais. Tamén hai moito traballo sobre o ámbito familiar para acreditar convivencia marital, de cara a determinar pensións ou atribuír o uso do fogar familiar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta