Os socialistas galegos reclaman á Xunta que pronuncie un "rexeitamento expreso" á práctica dos ventres de aluguer

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, Considera "inadmisible" que o PP pretenda abrir este debate sobre "unha das formas máis crueis de explotación dos corpos das mulleres".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que realice "un rexeitamento expreso" á práctica dos ventres de aluguer.

Nun comunicado, a parlamentaria socialista cualifica de "paso atrás" que o PP se abrise a regular esta práctica, "prohibida por lei e que supón un retroceso nas políticas feministas que protexen o dereito das mulleres e dos nenos".

Sinala tamén a responsable socialista que Rueda "terá que responder o Parlamento" --polas iniciativas presentadas polos socialistas--, "tras sumarse a unha deriva máis das ocorrencias de Feijóo".

Considera "inadmisible" que o PP pretenda abrir este debate sobre "unha das formas máis crueis de explotación dos corpos das mulleres, medie ou non intercambio económico".

Alerta ademais de que esta práctica "socava os dereitos das mulleres, especialmente os das máis vulnerables, mercantilizando os seus corpos e as súas funcións reprodutivas" e de que supón unha forma de "violencia contra a muller", ademais de "atentar contra a súa dignidade" ao entendela como "un obxecto a disposición das persoas que cren que a maternidade é un dereito, cando é un desexo".

Insisten no comunicado en que esta práctica está prohibida pola lexislación española, "polo que estes contratos están declarados nulos de pleno dereito porque rompen coa determinación da filiación polo parto, cosifican o corpo das mulleres e converten ao neonato en obxecto dun contrato".

"A pesar desta prohibición, en España existe un negocio moi lucrativo de aluguer de ventres en terceiros países", sinalan no comunicado. Así, reclaman á Xunta que se dirixa ao Goberno do Estado para "reforzar as garantías que eviten esta práctica" e "perseguir e sancionar ás axencias que se dediquen a esta actividade, así como estudar as medidas oportunas para evitar que se realice a través doutros países".

A deputada do PSdeG Noa Díaz..
A deputada do PSdeG Noa Díaz..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta