300

El atractivo de nuestra tierra se reparte entre rías y montes, santuarios y catedrales, caminos y ciudades, cruceros y aguas termales, faros y murallas, jardines y casas rurales, viejos símbolos como la Catedral de Santiago y nuevos como la Cidade da Cultura. En medio de tantas dificultades, Galicia no puede permitirse el lujo de relegar a un lugar secundario ninguna de las muchas posibilidades que pueden ofrecer las Rías Altas, a Costa da Morte, las tierras de Santiago, la Marina lucense, Lugo y la Terra Chá, Os Ancares y el Courel, la Ribeira Sacra, las Rías Baixas, O Ribeiro, las Tierras de Ourense y Allariz, de Celanova y de la Limia, de Verín y de Viana, de Manzaneda y Trevinca, o del Deza y Tabeirós.

Por Xurxo Ayán | Gasteiz | 17/02/2015

Comparte esta noticia
Isto dicía Alberto Núñez Feijoo, presidente de Galicia, na presentación de Geodestinos Turísticos de Galicia (30-XI-2011), unha aposta decidida pola proxeción turística deste recanto de Europa. O Señor dos Peares pode presumir dunha tremenda coherencia na súa prática política. O desmantelamento do rural galego promovido polo seu goberno inhumano insírese nunha idea clara de país: Galicia coma un decorado, coma unha ría imaxinaria na que navegar en iate privado, canda boa compaña. Dende a época do Azor, os portos náuticos de Galicia fan que os caciques e tecnócratas da dereita galega perdan a conexión coa realidade (é a síndrome coñecida como “Rajoy en Sangenjo”), descoñezan o que valen os cartos e pensen o país en clave de videoclip da MTV dos que botan nas pantallas xigantes dos pubs noitaregos. Dentro destas coordeadas, é normal que Feijoo considere un bo investimento que todos lle paguemos 300.000 euros a Enrique Iglesias para que nos bote outra canción coa Ribeira Sacra, a Torre e a Muralla de fondo. Segundo o señor dos Peares só hai que ver o índice de descargas dos vídeos do neto de “Papoya” para decatarse do impacto nas redes do clip de Iglesias (de Enrique non do innomeable).
 
Si, amigos, o goberno galego concibe Galicia coma un paisaxe de fondo, un imenso Patrimonio da Humanidade, pero sen humanidade, sen lingua, sen servizos médicos e educativos, sen bibliotecas municipais, sen vencello co territorio.
 
En medio de tantas dificultades, Galicia no puede permitirse el lujo de relegar a un lugar secundario ninguna de las muchas posibilidades que ofrece un tratamento digno, respectuso e democrático das comunidades rurais, dos concidadáns aos que se lles priva de dereitos fundamentais e se lles obriga a serventías norcoreanas como a financiación da Cidade da Cultura ou o paseo en catamarán dun millonario de Miami. Temos un presidente que semella máis ben un presidente da comisión de festas dunha parroquia acomplexada, que prefire contratar tres orquestras e pulir a pasta en foguetes antes que mellorar a vida dos seus veciños. Arruínados polo despilfarro e a corrupción da Administración.
 
Nada novo. Xa che era o pai. O seu pai político, o franquista Fraga Iribarne, xa nos obrigou a pagar 300 millóns de pesetas en 1992 para converter a Julio Iglesias en embaixador do Xacobeo’93. Velaí están as reportaxes nos medios de comunicación, co Latin Lover recollendo unha figura do Pelegrín (agggghhhh!) na Casa de Galicia de Madrid (ese non lugar) e declarando: “ser embajador de Galicia no tiene precio económico”. Como vedes, a política turística do noso país segue fidel ao modelo chantado polo tardofranquismo e o mailo fraguismo. Por iso está dirixida con mao de ferro por unha esgrevia representante da dinastía (falanxista neste caso) Castro, de Ponteareas.
 
En 1995 o Señor dos Peares navegaba pola ría co contrabandista Marcial Dorado. Nese mesmo ano, Enrique Iglesias trousaba oa mercado o seu primeiro single exitoso: “Experiencia religiosa”. Non sei se lle colleu gosto Feijoo a ese temazo no iate do contrabandista, entre cremas, escuma e mar:
 
“Casi una experiencia religiosa
Contigo cada instante en cada cosa
Besar la boca tuya merece un aleluya
Es una experiencia religiosa”.
 
Eu o único que sei é que eu, malia xa non vivir en Galicia
 
“Con tu física y tu química también tu anatomía 
 
La cerveza y el tequila y tu boca con la mía 
 
Ya no puedo más (ya no puedo más) 
 
Ya no puedo más (ya no puedo más) 
 
Con esta melodía, tu color, tu fantasía 
 
Con tu filosofía mi cabeza está vacía...”
 
E xa non podo máis, xa non podo máis... ou podemos?
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA