Os traballadores de incendios forestais denuncian precariedade na loita contra os grandes lumes destes días

Acusan ao Goberno galego de investir diñeiro na BRILAT e nas BRIF en lugar de facelo nos traballadores e traballadoras do servizo galego contraindencios que están "nas súas casas".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/03/2023 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

O persoal contraincendios reunido en ATRIFOGA (Asociación de Traballadores/as de Incendios Forestais de Galicia) informa que dadas as actuais condicións meteorolóxicas a curto e medio prazo, a Dirección Xeral de Defensa do Monte publicou o pasado xoves día 30 de marzo un comunicado avisando que desde o día 6 de abril dará inicio o horario de alto risco de incendio.

29 de marzo de 2023, en Baleira
29 de marzo de 2023, en Baleira | Fonte: Europa Press

Sinalan que Galicia está vivindo as mesmas condicións que se viven cos lumes de Asturias, Castelló e Teruel. Isto ratificouse para ATRIFOGA cando a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112, decretou nivel laranxa por ventos nas provincias de Coruña e Lugo, con zonas onde se superaron os 100 km/h.

ATRIFOGA móstrase contrariada ante a falta de cobertura en moitas prazas deixando en mínimos de persoal o servizo contraincendios. Así, apuntan que case 1.000 empregados públicos “seguimos nas nosas casas”. Ante esta situación, ven inviable cubrir todas as quendas durante as 24 horas do día aínda tendo a todo en activo.

A todo isto engaden que os orzamentos para o servizo contraincendios foise incrementando paulatinamente para infraestruturas e material. Pola contra, non se está aumentando o tempo de traballo do persoal fixo-discontinuo de seis meses. Consideran cando menos contradictorio o feito de que a Xunta anuncie falta de orzamento para contratar por máis tempo este persoal e, a pesar diso, se invista diñeiro público para pagar á UME e ás BRIF que veñan doutras CCAA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta