Detidos dous veciños de Brión que supostamente fixeron 24 roubos

Levaban a cabo os ilícitos de madrugada, adoptando numerosas medidas de vixilancia e seguridade para evitar ser detectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2023 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto de Brión, en colaboración coa Policía Local desa localidade, o Equipo Roca da Compañía de Santiago de Compostela e a área de Investigación do Posto Principal de Milladoiro-Ames, detivo a dous veciños da localidade e investigou a un terceiro, como supostos autores de 24 delitos de roubo na fase de explotación da operación 'Thespecilone'.

A mencionada operación, enmarcada no Plan de Mellora da Seguridade no Comercio e o Plan Nacional contra o Roubo de Cobre, iniciouse por mor da sucesión roubos cometidos en diversas obras de laslocalidades de Brión e Ames o pasado mes de xaneiro, continuando nos meses posteriores nas mesma localidades así como en de Santiagode Compostela e Padrón. O obxectivo, explican nun comunicado, ademais das obras, eran distintos talleres mecánicos e outros negocios.

No transcurso da operación os efectivos lograron laidentificación plena dos presuntos autores así como o modus operandide os mesmos. Levaban a cabo os ilícitos de madrugada, adoptando numerosas medidas de vixilancia e seguridade para evitar ser detectados.

Como froito do traballo de campo realizado, solicitaron numerosasevidencias que relacionaban a estas persoas cos ilícitos, explotando a operación tras cometer un roubo con forza na localidade de Teo.

Na fase de explotación procedeuse á detención destas dospersonas, coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mismaíndole e á a investigación dunha muller, que era a que realizaba a venda do material subtraído, así como ao rexistro dos domicilios,achando ademais dos efectos subtraídos no último roubo, cuxo valorascendía a 3.000 euros, diversos obxectos pertencentes a ilícitosanteriores.

Con estas detencións esclarecéronse 24 delitos de roubo con forza, aínda que a operación continúa aberta para o posible esclarecemento doutros delitos de roubo. Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos adisposición do Xulgado de Instrución de garda de Negreira, que decretou o ingreso dun deles en Centro Penal.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta