Morren seis gatos no incendio dunha vivenda en Ferrol que se salda sen persoas feridas

Aparentemente foi pola inhalación de fume

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2023 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Seis gatos pereceron no incendio dunha vivenda de Ferrol rexistrado na tarde este sábado e que se saldou sen persoas feridas. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso produciuse ao redor das 16,15 horas deste sábado, cando unha persoa chamou á central de emerxencias para solicitar axuda para unha persoa á que escoitaba pedir axuda.

Outro particular púxose en contacto co 112 para advertir que saía fume da xanela dun piso situado nun edificio de catro plantas en cálea Concepción Arenal. Ata alí desprazáronse os bombeiros da cidade naval, acoampañados por membros da Policía Local, Nacional e voluntarios de Protección Civil.

Unha vez sufocadas as chamas, que afectaron a mobles, roupa e outros aveños dunha habitación, os profesionais do servizo de emerxencias comprobaron que seis do sete gatos que habitaban a casa faleceran, aparentemente, pola inhalación de fume. O CIAE 112 Galicia sinala que a orixe do incendio puido estar nunha vela.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta