Os dereitos da terra

Nos últimos séculos da historia da humanidade pódese apreciar ese desexo de dominio da natureza por parte dos homes. Esta situación chegou nestes últimos anos á tal punto que os cultivos futuros cotizan en bolsa.

Por Patricia Grela González | Arteixo | 10/02/2015

Comparte esta noticia
Estamos acadando límites tales que os alimentos prodúcense en laboratorios, as terras son acaparadas para agrocombustible e pensos para animais, paténtanse sementes producidas pola natureza, utilizamos pesticidas que fan que necesitemos fertilizantes e, o último invento son as sementes que necesitan fertilizantes para a súa xerminación. 
 
Todo isto, no-lo venden dicindo que acabará ca fame no mundo, que os alimentos modificados xenéticamente traerán beneficios sanitarios; nembargantes, producimos alimentos para o dobre da poboación mundial, ao mesmo tempo que a metade do mundo pasa fame; e os gobernos encargados de velar pola nosa seguridade alimentaria non son quen de realizar unha análise sobre os efectos dos transxénicos.
 
Ao mesmo tempo, o campesiñado é abandoado a súa sorte ou botados das súas terras, provocando unha concentración de latifundios de monocultivos non alimentarios. Esta situación redunda sobre todo nas mulleres. A pesares de recaer nun 60% ou 80% das mulleres o traballo da terra, o mantemento das sementes ou a recolección dos froitos son as que teñen maiores dificultades no acceso aos recursos naturais.
 
Isto que parece alleo, que son cousas que ocorren en África ou en Sudamérica, afecta a moitas mulleres galegas debido ó regulamento da propiedade da terra, o que provoca un empobrecemento á longo prazo repercutindo nas pensións destas traballadoras do rural, poñendo outra pedra máis no camiño á igualdade.
 
Quizáis é hora de parar, reflexionar e volver a poñer os pés na terra; e comprender que somos os humanos os que pertencemos á natureza non ó revés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Patricia Grela González Chámome Patricia Grela González e teño 26 anos. Nacín na Coruña e vivo actualmente en Arteixo, onde colaboro activamente no Círculo e pertenzo ao Consello Cidadán Municipal. Son Diplomada en Educación Social e creo firmemente en que a educación é a ferramenta para mellorar a sociedade e as persoas. Formeime do campo da Educación para a Paz e o Desenvolvemento, o consumo responsable e a Educación Ambiental. Actualmente, colaboro con Cruz Vermella no ámbito das persoas maiores, familias con dificultades sociais e infancia, aprendendo de técnicos especializados en intervención social.