Ecoloxistas piden a denegación do terceiro parque eólico sobre os Penedos de Traba

Segundo os ecoloxistas, sobre o mesmo tramo costeiro, a mesma promotora (EDP) presentou tres parques eólicos, nunha operación de "fragmentación artificial"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2023 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) pediu á Xunta que denegue o terceiro parque eólico da compañía EDP sobre os Penedos de Traba, na Costa da Morte. Segundo os ecoloxistas, sobre o mesmo tramo costeiro, a mesma promotora (EDP) presentou tres parques eólicos, nunha operación de "fragmentación artificial" que ten por finalidade, ao seu xuízo, "evitar a competencia autorizatoria do Estado a favor da competencia autonómica".

"Cando se fragmentan os proxectos eólicos, sexa pola razón que sexa, diminúen as garantías de protección ambiental, ao aniquilar a posibilidade de avaliar conxuntamente aqueles proxectos artificialmente divididos", criticaron. Adega lembrou que estas instalacións se situarían en terreos que ocupan unha área incluída nas propostas de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia.

VILAR DE BARRIO

Por outra banda, a Plataforma veciñal de Vilar de Barrio, Porto, Maús, Borrán e Arnuide pediulle á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que acuda á inauguración do parque eólico autorizado polo alcalde nacionalista de Vilar de Barrio (Ourense) no lugar onde nace o río Arnoia na Serra de San Mamede.

Veciños piden "transparencia" e que se revogue a licenza xa que, ao seu xuízo, foron outorgadas sen consentimento dos aldeáns. Tamén lembraron que o antigo bipartito do PSOE e o BNG na Xunta pretendía converter a zona en parque natural.

Parque eólico O Merengue. NATURGY                    ' - Arquivo
Parque eólico O Merengue. NATURGY ' - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta