A AP-9 e a A-55 rexistran retencións e tráfico lento ao sur de Pontevedra en dirección Portugal

Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, ás 15,00 horas o tráfico polas citadas vías é lento e con algunhas conxestións e retencións, aínda que xa moito máis aliviadas que as rexistradas durante a mañá deste xoves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2023 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O primeiro día da Operación Saída con motivo dos festivos de Semana Santa provocou na o sur da provincia de Pontevedra, en Tui e arredores, algunhas retencións na AP-9 e a A-55, aínda que a esta hora o tráfico xa se restableceu, aínda que lentamente.

Así, segundo a Dirección Xeral de Tráfico, ás 15,00 horas o tráfico polas citadas vías é lento e con algunhas conxestións e retencións, aínda que xa moito máis aliviadas que as rexistradas durante a mañá deste xoves, con esperas de entre 20 e 30 minutos e colas de varios quilómetros.

Notifican agora unha conxestión por circulación irregular desde o quilómetro 174 da AP-9 en Costa ao km 177.8 en Telleira; e o mesmo na A-55, antes da confluencia entre esta vía e a autoestrada para entrar en Portugal.

Retencións na AP-9 nunha imaxe de arquivo
Retencións na AP-9 nunha imaxe de arquivo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta