GC Aberto

O avogado e escritor Ulises Bértolo presentou no Colexio Maior La Estila a súa novela "La Sustancia Invisible de Los Cielos"

"Todo o mundo ten a obriga de fomentar a súa creatividade e de desenvolver a súa imaxinación"

Por CMEstila | GC ABERTO | 12/02/2015

Comparte esta noticia

 Esta novela iniciou o seu percorrido a través de Internet, no primeiro concurso de novelas indie convocado por Amazon e Unidade Editorial. A ese certame presentáronse "uns mil autores", pero o libro chegou a colocarse como número 1 de vendas en Ficción Histórica e tamén na categoría de Policíaca, Suspense e Negra.

Ulises Bértolo presentou no Colexio Maior La Estila a súa primeira novela "A Substancia Invisible dos Ceos". O argumento da novela xira en torno ao seu personaxe principal, o musicólogo Ignacio Pascual, que intentará resolver os enigmas relacionados cunha sociedade milenaria encargada de custodiar os grandes creadores da historia para que o seu xenio perviva ao longo dos séculos, xogando coa posibilidade de que a inmortalidade non sexa só un sono.

Iniciou a súa intervención afirmando que "todo o mundo ten a obriga de fomentar a súa creatividade e de desenvolver a súa imaxinación" e que debería ser unha obriga case moral que todos escribisemos un libro nas nosas vidas.

A preguntas do auditorio sobre se nalgún momento pensara en deixar este proxecto no que investiu polo menos cinco anos respondeu que non e que sempre pensou que "o que distingue as persoas unhas doutras é a perseveranza".

Aínda que non se inspirou en se carreira profesional para escribir esta novela se é verdade que ten moito del xa que é un admirador da música clásica e dos músicos clásicos.

Afirmaba tamén que lonxe do que pode parecer o mundo do dereito é un bo lugar para capturar historias.

"La Sustancia Invisible de los Cielos", que saíu á venda en papel o pasado 9 de xaneiro, iniciou o seu percorrido a través de Internet, no primeiro concurso de novelas indie convocado por Amazon e Unidade Editorial. "Viña dun xuízo que se celebrou en Madrid. Rematara a novela e ao abrir o xornal e ver a convocatoria, decidín presentarme, explicou Ulises Bértolo.

A ese certame presentáronse "uns mil autores", precisou, pero "a metade de concurso" o seu libro colocouse "como número 1 de vendas en Ficción Histórica e tamén na categoría de Policíaca, Suspense e Negra".

"Vendéronse moitos miles de exemplares e, antes da finalización do concurso, recibín ofertas de varias editoriais e xa fichei por Espasa. É unha das mellores editoriais deste país, puxémonos de acordo deseguida e iniciei a nova etapa en papel", sentenciaba o autor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta