Pontevedra acolle unha nova festa dos sabores 'mestizos' do 27 de abril ao 1 de maio

No 2021 asistiron unhas 15.000 persoas e despacháronse máis de 10.000 tapas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2023 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

A praza de España de Pontevedra acollerá, entre os días 27 de abril e o 1 de maio, o II Festival Gastronómico 'Mestizaxes' que pon en valor as cociñas de diversas partes do mundo que se practican na cidade enriquecendo a súa oferta de sabores.

Este evento está organizado pola Concellaría de Promoción Económica e a Deputación no marco do proxecto 'Pontevedra Capital Gastro'. Á última edición de 'Mestizaxes', celebrada en novembro de 2021, asistiron unhas 15.000 persoas e despacháronse máis de 10.000 tapas.

Nesta ocasión as persoas que acudan á carpa instalada na Praza de España poderán viaxar polo mundo sen saír de Pontevedra, aglutinando propostas culinarias de culturas tan diversas como Hawai, Colombia, Corea, Venezuela, Estados Unidos, China, Xapón, México e Brasil, elaboradas por establecementos hostaleiros da cidade que practican total ou parcialmente a cociña do país que defenderán.

Do mesmo xeito que na súa primeira edición, 'Mestizaxes 2023' desenvolverá dúas actividades diferenciadas dirixidas a públicos diferentes. Por unha banda están os 'Encontros Mestizos', entre a cociña internacional e a cociña galega, cunha charla entre un profesional que practica a cociña de fóra e outro que exerce a cociña propia en establecementos hostaleiros de Pontevedra.

Por outra banda, está o 'Festival Gastronómico Mestizaxes', que ten un carácter máis lúdico e está dirixido ao público en xeral. Será inaugurado o xoves 27 de abril, ás 20,00 horas. O programa do 'Mestizaxes 2023' foi presentado este martes no Concello de Pontevedra nun acto no que participaron o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez e os concelleiros de Promoción Económica e de Desenvolvemento Sustentable, Yoya Branco e Iván Pontes, respectivamente.

Un cortador de xamón prepara tapas .. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Un cortador de xamón prepara tapas .. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta