Dúas persoas falecidas por COVID nas últimas horas mentres aumenta o número de ingresos en UCI

Xa son máis de 4.100 os e as falecidas en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O número de casos activos de Covid rexistrados en Galicia elévanse a 777 en Galicia e 124 persoas permanecen ingresadas nos hospitais galegos coa enfermidade, dúas delas en Unidades de Coidados Intensivos. Segundo os datos feitos públicos este xoves polo Sergas (con información recollida ata as 18,00 horas do martes), hai 40 casos máis de Covid rexistrados con respecto ao día anterior. Ademais, aínda que hai dez pacientes menos nos hospitais, dous deles foron ingresados en UCI, unidade na que o mércores non había ningún paciente.

Por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee hai 173 casos activos notificados e 29 persoas hospitalizadas --unha delas na UCI--; na área de Santiago e Barbanza hai 47 persoas enfermas, 22 delas hospitalizadas; na área de Vigo hai 128 casos notificados e 10 ingresados en planta; na de Ourense, Verín e O Barco hai 116 casos e 21 hospitalizados; na área de Lugo hai 80 enfermos e 8 hospitalizados; na de Pontevedra hai 91 casos, 19 deles ingresados; e, na de Ferrol, hai 47 persoas con covid rexistradas, oito delas hospitalizadas --unha na UCI--.

DOUS FALECIDOS NAS ÚLTIMAS HORAS

Ademais, a Consellería de Sanidade informou este xoves de dúas mortes. A primeira delas tivo lugar o 11 de abril dun home de 80 anos na área sanitaria de Sanitaria. Ademais, o día 12 faleceu un home de 93 anos na área de Ourense, Verín e O Barco. Desde o inicio da pandemia, curáronse do Covid 693.016 persoas, e faleceron 4.121 persoas coa infección. Así mesmo, administráronse 7,6 millóns de doses da vacina.

Un neno recibe a vacina contra a Covid-19
Un neno recibe a vacina contra a Covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta