Unha crecida do caudal do Miño acaba co rescate de tres mozos en Ourense

Os tres rapaces decidiron acubillase nas bases da Ponte Vella da cidade.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/04/2023 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Tres mozos quedaron atrapados na base da ponte Vella de Ourense na tarde deste pasado domingo tras rexistrarse unha subida do caudal do río Miño, que lles impedía volver a terra.

Os feitos ocorreron pasadas as 21,00 horas e, segundo informa o 112 Galicia, os tres homes buscaron acubillo na base desta construción ao verse sorprendidos pola subida do caudal do río.

A pesar de que se atopaban en bo estado, o nivel de auga impedíalles alcanzar a beira, polo que se pediu axuda aos servizos de emerxencia para achegalos a terra.  Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a colaboración dos bombeiros e dos axentes da Policía Local e Nacional.

Cando chegaron os efectivos de rescate, comprobaron que un dos mozos estaba xa fóra, pero os outros dous necesitaban axuda. Así, procederon a sacalos da base da ponte. Non necesitaron asistencia médica ao atoparse en bo estado.

Ponte Vella, en Ourense
Ponte Vella, en Ourense | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta