Aprobada aproba a licitación e o concurso do transporte público en Santiago

O Concello de Santiago tamén anuncia a renovación da frota de autobuses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela aprobou, en Xunta de Goberno, a licitación e o concurso do transporte público por un orzamento inicial de 86 millóns e que suporá, segundo informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a renovación da frota.

"É un contrato de 13 anos", sinalou na rolda de prensa que ofreceu para informar os asuntos tratados na citada Xunta de Goberno. En concreto, precisou que empezará a contar a partir de 2024 e que suporá a renovación da frota. "Da rede actual só se poderán manter 11, o resto haberá que substituílos por outros", engadiu.

Ademais, apuntou, en relación a unha xestión que corresponderá á nova corporación municipal, que é "razoable pensar" que se prosiga coa actual frota ata final de ano e que logo se acometan os cambios con buses que terán que ter "menos de sete anos de antigüidade".

Entre outros asuntos, na citada Xunta de Goberno aprobouse de forma definitiva o plan director do Pazo de Raxoi, "que prevé unha actuación de rehabilitación tanto do edificio como de infraestruturas e instalacións existentes". Será, dixo, cun investimento de 20 millóns.

Ademais, o alcalde aludiu ás actuacións aprobadas tamén con motivo do labor de recuperación das contornas do río Sar e Sarela despois de que se sacou a licitación as zonas que van desde Castelo da Rocha ata a conexión co río Sarela.

Arquivo - Autobús urbano en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Autobús urbano en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta