Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 18/04/2023 | Actualizada ás 12:26
Veciñanza de Amil, Campo Lameiro e Xeve notificaron a descuberta de novos petróglifos na zonas das obras do futuro polígono eólico Acibal. En concreto, trátanse de dous tetrasqueis, que se suman aos cinco antes atopados, ademais dun chozo rodeado de varias marcas en pedras.
A veciñanza sinala que este feito coincidiu coa corroboración, mediante informes de expertos en dafoloxía da Universidade de Santiago (USC), que a zona das Brañas de Amil e parte da súa contorna son en realidade turbeiras, un hábitat protexido pola Unión Europea. Os veciños remitiron este informe ao Concello de Pontevedra e remitirano ás distintas administracións, xa que sinalan que non se tivo en conta na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) e creen que cambia "de maneira drástica" o tipo de medidas a adoptar para protexer a zona.
Neste sentido, a veciñanza afirma seguir "aunando esforzos para trasladarlle a Concello de Pontevedra, a Administración pública e autoridades competentes os seus achádegos, sen lograr que ningunha se decida todavía a deter cautelarmente as obras para estudar os cambios nos biomas afectados e o patrimonio, sendo destuído irremendiablemente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.