Formoso (PSdeG): "O Goberno galego está a renunciar a facer política de vivenda"

O líder do PSdeG insiste en que a Xunta "ten todos os instrumentos" para actuar en materia de acceso á vivenda.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/04/2023 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

En declaracións aos medios antes dun acto en Santiago, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou que o Goberno galego "está a renunciar a facer política de vivendas" e resaltou que Galicia conta con "un rexistro de demandantes de vivenda protexida de máis de 15.000 persoas". Así, insistiu en que o Goberno galego "pode mesmo expropiar terreos de ser necesario para cubrir as necesidades" de inmobles.

Desta forma, Formoso acusou aos populares de "embarrar" a situación e de "derivar as responsabilidades cara aos concellos, aos que acusa de non pór parcelas a disposición da Xunta para a construción".

Así mesmo, referiuse a a proposta do Goberno de Pedro Sánchez de actuar sobre 50.000 vivendas da Sareb, que "pode ter reflexo en Galicia". Formoso detallou a que a corporación dispón de 2.700 inmobles na Comunidade, "dos cales 1.830 xa están habilitados para o seu uso".

Ademais, apuntou que cando o agora líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, era presidente da Xunta "bateu a marca negativa de construción de vivenda pública en Galicia".

Valentín González Formoso
Valentín González Formoso | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta