Pendentes das probas de ADN para saber se o cadáver achado no río Ulla é do desaparecido de Teo

Polo momento, descoñécese a identidade da persoa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que as probas de ADN confirmarán se o cadáver achado no río Ulla é o de Óscar García Lema, o veciño de Teo desaparecido o pasado 29 de marzo.

"Estase pendente das probas de ADN, que son as que confirmarán con exactitude se é esa identidade que todos podemos sospeitar", indicou Besteiro en declaracións aos medios de comunicación.

Todo iso despois de que a Garda Civil informase este luns do achado dun corpo sen vida no río Ulla, na fronteira entre as provincias da Coruña e Pontevedra, en concreto na localidade de Vedra.

O cadáver atopouno unha muller que realizaba sendeirismo na zona, tratándose do corpo dun home. Polo momento, descoñécese a identidade da persoa á que correspondería, aínda que a investigación céntrase en desaparicións pendentes de resolver.

Unha das procuras activadas na contorna é a de Óscar García Lema, o veciño de Teo de 62 anos que desapareceu o pasado 29 de marzo en Cepeda, en Cacheiras, no citado municipio coruñés.

Río Ulla en Ponteledesma
Río Ulla en Ponteledesma | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta