A Xunta resalta o labor da entidade Ambar "en favor da plena inclusión das persoas con discapacidade"

Fixo fincapé "na atención especializada e no agarimo co que todo o equipo coida das persoas que acoden diariamente" ás súas instalacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou este martes o traballo que, desde hai 40 anos, leva a cabo a entidade Ambar, de Ribeira, "en favor da plena inclusión das persoas con discapacidade e de apoio ás familias".

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, na súa visita aos centros de día e ocupacional desta asociación, García asegurou, en compañía do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, que a traxectoria desta entidade "fai dela unha referente en Galicia". Desta maneira, García fixo fincapé "na atención especializada e no agarimo co que todo o equipo de Ambar coida das persoas que acoden diariamente" ás súas instalacións.

A conselleira de Política Social e Xuventude,  Fabiola García
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta